Mentres onte a atención recaía nas conferencias impartidas por Soidán e Rocha, hoxe os focos están postos no Pazo da Cultura, un lugar que vimos nacer como club ademáis de ser xa un proclamo para a cidade Lerezana, cuxa construcción comezaba no 1993.

A importancia e relevancia ca que veñen acompañada os actos, vese recollida na lista de asistentes, onde figuran -entre outros- nomes como os de; Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte, olímpica en Sydney 2000 e 5 veces campiona de españa de lanzamento de xabelina; Carmela Silva presidenta da Diputación de Pontevedra; Miguel Lores; e como non, Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia que sen dúbida aprobeitará a ocasión para falar dos seus adestramentos.

A importancia dos eventos do 90 aniversario viusa recollida nesta ocasión, e sen dúbida casa ca labor social que a entidade pretende ter ca cidade. Os actos culminarán o próximo día 15, onde terá lugar a última conferencia, e contará ca ponencia de Ramón Cid, antigo triplista e director técnico da Real Federación Española de Atletismo e cuxa traxectoria dará lugar ao tema da ponencia. A exposición sobre a nosa historia poderá seguir vendose no Arquivo provincial ata ese mesmo día.