O sábado 12 de maio tivo lugar en Lugo o Campionato de Galicia por equipos sub10, sub12 e sub14 con presenza dos equipos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O equipo feminino sub12 da Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadaría o bronce con 117 puntos por detrás de Vila de Cangas con 129 e AVA 125, nunha categoría onde participaban nada menos que dezaoito equipos. Tres terceiros postos :Paula Porto nos 60 lisos (9.11) , Marina Pérez no salto de lonxitude ( 3.84) , e Carmen Saavedra no salto de altura (1.23) ; dous cuartos postos Paula Rodríguez nos 2km marcha ( 13.10.40) e Medhanith Pereira no lanzamento de peso (6.67) , a sexta posición de e de Uxia López en pelota (18.58) , a sétima posición de Candela Filgueira nos 500 (1.43.97) , o undécimo posto do relevo formado por Noa Pereira , Uxia López, Nuria García e Paula Torres (40.33) ; e a decimoterceira posición de Emma Cabanas en 1000 metros( 3:53:48) fixeron que o equipo acadase os 117 puntos para finalizar terceiras na clasificación final. Parabéns
Os alevins masculinos finalizarían en octava posición con 90.5 puntos, destacando o cuarto posto de Óscar Martinez en pelota, dous quintos postos de Lucas Tristán en altura e Eloy Acuña en peso, a octava praza de Daniel Fernández nos 2km marcha.
En sub 10 a Sociedad Gimnástica presentou solamente equipo masculino que finalizaría undécimo con 70 puntos sendo as actuacións mais destacadas a victoria de Anxo Jamardo nos 1000 metros marcha cun tempo de 6:19:18, a segunda posición de Iago Abreu en lanzamento de peso con 7.69 , a cuarta posición de Jesús Bua en lanzamento de pelota con 20.43 e o sétimo posto de Iago Abreu en altura con 0.93 m.
Dos equipos sub 14 as mulleres finalizarían no posto 16ª e os homes no 14º , destacando en mulleres a quinta posición de Cloe Rial en martelo con 21.08, a sexta posición de Addis Gallego en 1000 metros cun tempo 3:36:36 e a oitava posición de Gadea bravo nos 220 valos con 40.38 , namentras que en homes as millores posicións foron os quintos postos de Ignacio López en 220 valos con 36.51 e Matías Moldes en lonxitude con 4.16m, os sextos postos de Óscar Monteagudo nos 80 lisos con 11.66 , de Antón Sotelo en 150 con 22.53 sg e de Matías Moldes na pértiga cun salto de 1.65.
Agradecer ás familias e aos monitores o seu apoio en todo momento , nunha xornada moi longa sempre pola alta participación, con un desprazamento de moitos kilómetros, e sin a vosa axuda esto non sería posible. Ten que quedar nos nosos atletas o disfrute dunha xornada de convivencia, e de ganas de seguir aprendendo e disfrutar do atletismo.
Resultados sub14 Resultados sub 10 Resultados sub 12
Trackbacks/Pingbacks