A Sociedad Gimnástica de Pontevedra pon distintos puntos de información pola cidade do Lérez para que os cidadáns e as cidadás se poidan informar da San Silvestre.
Os días que estarán habilitados serán dende o xoves 15 ao sábado 17 e o xoves 22 e venres 23 de decembro. Estarán en horario de mañá e de tarde.
Estarán sinalizados cunha carpa da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Neles, todo o mundo que se achegue poderá conseguir información sobre o evento: horarios, entrega do kg de alimentos, zumba, percorrido… información que, ademais, xa está dispoñible no noso regulamento.
Tamén haberá unha lista na que os interesados e interesadas pódense preinscribir e así asegúranse de que non quedan sen dorsal. Lembramos que as inscricións abrirán o 20 de decembro na planta superior do Mercado de Abastos.
Neste stand nómade, que se colocará en distintos puntos de Pontevedra, pero sempre de forma ben visible, tamén haberá merchandising.
Así que, aproveitamos para facer un chamamento de se alguén ten dúbidas sobre a San Silvestre deste ano, ademais de consultar a nosa web ou as nosas redes sociais, tamén se poden achegar a estes puntos de información e preguntar calquera cuestión.
Trackbacks/Pingbacks