O domingo 8 de Abril tivo lugar nas pistas  de  Balaidos en Vigo a xornada  da fase zonal Xogade para  os nenos e nenas das categorías alevins e benxamins da provincia de Pontevedra

Coma sempre moitisima participación nestas  categorías con moitas ganas de aprender, disfrutar e pasalo ben. Todos , atletas e monitores  co apoio das familias,  sen medo ao mal tempo disfrutaron dunha chuviosa xornada de atletismo e a todos felicitamos polo seu esforzo.

Os resultados mais destacados a nivel de postos foron os seguintes:

 En categoría benxamín :

  • Hugo Casañas Pedrares   en lanzamento de pelota  sería o vencedor cunha marca de 27.60 metros
  • En salto de altura Martin Gonzalez Campo  foi o gañador cun salto de  95 cm   e Jesús Bua  Alende segunda posición con 90 cm. Jimena Orellana Piñón segunda  en salto de altura mulleres con 90 cm
  • En 500 metros Aldara Sotelo Quinteiro   foi terceira con 1.56.80

En categoría alevín:

  • Victoria no relevo 4×60 masculino Nicolás Quiñones, Iam David Cabanelas,Gabriel Gores e Lucas Tristán   cun tempo de 38.71 seg
  • Oscar Otero Rosales   segunda posición en  1000 metros 3.41.85
  • Marina Pérez López   segunda en salto de lonxitude con 3.55 metros
  • Eloy Acuña Pousada   segunda posición en lanzamento de pelota con 29.86 metros
  •  
  • Medhanit Pereira  Peralba segunda posición en lanzamento de pelota con 19.31 metros
  • Emma Cabanas Crego   terceira posición nos 2000 metros  con 8.39.23
  • Augusto Chereguini Ortigueira terceira posición no lanzamento de peso con  2.40
  • Paula Porto Dopazo    terceira posición nos 60 lisos  con 9.55 seg
  • Carmen Saavedra Martinez   terceira posición nos  500 metros con 1.37.72
  • Relevo 4×60   Medhanit Pereira, Candela Filgueira, Marina Perez e Paula Porto   terceira posición con 39.96.

O próximo día 14 nova xornada para os benxamins e alevins, esta vez no CGTD en Pontevedra.

Resultados