O sábado día 14 de Xullo tivo lugar nas pistas de Granollers o XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas coa presenza de atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O equipo de Galicia finalizaría en quinta posición por detrás de Cataluña primeira, Andalucía segundos, Madrid terceiros e Comunidades Valenciana cuartos.

O relevo 4×100 feminino formado polas gimnásticas Lucía Ferrer e Cristina Garrido e as célticas Andrea Pais e Olaia Gisella Becerril acadaría un novo récord absoluto, sub 23 e sub 20  galego de 4×100 cun tempo de 47.28. As galegas finalizarían en quinta posicion.

Andrea Gonzalez  cuarta no lanzamento de xavelina cun mellor lanzamento de 43.59 e Víctor Gallego sétimo no lanzamento de peso con 15.38 completarían a moi boa  participación dos atletas da Sociedad Gimnástica polo equipo de Galicia .

Raúl Pagan, atleta da Sociedad Gimnástica formando parte do equipo do Pais Vasco lanzou 64.98 no lanzamento de xavelina acadaría a sexta posición.

Parabéns a todos .

Resultados