Celebrouse nas pistas de Balaidos a terceira xornada das series municipais do III Circuito de Pista Concello de Vigo con numerosa participación.
Os atletas da Sociedad Gimnástica acadaron catro primeiros postos, seis segundas posicións , e tres terceiros postos ademáis de varias MMPs e marcas mínimas
Marco Martínez o atleta sub 18 sería o vencedor no triplo salto e no salto de altura. No triplo salto acadaría unha marca de 13.67 metros que é MMP e ademáis é mínima para o campeonato de España sub 18 ó aire libre. No salto de altura tamén sería vencedor cun salto de 1.90 metros que tamén é MMP e mínima asimismo para o campeonato de España sub 18. O seu compañeiro Raúl Cortizo acadaría o segundo posto en ámbalas duas probas cun salto de 13.06 (MMP) en triplo e 1.84 en salto de altura .
Tamén vencedora no lanzamento de martelo de 4 kg sería a sub18 Iria Filgueira cun mellor lanzamento de 41.15 que es su MMP en martelo de 4kg . A veterana Loreto Brea sería finalmente terceira en esta proba con 35.51 m.
Vencedora asimismo nos 100 valados (0.84m) sería a sub 20 Lucía Ferrer con 15.78 seg.
David Abalde acadaría o segundo posto nos 200 metros lisos cunha marca de 22.43 metros e vento de +0.3.
Eva Cid sería segunda no 800 femenino cunha marca de 2.22.56 .
Blanca Armenteros, atleta sub18, acadaría o segundo posto nos 3000 lisos cun tempo de 11:12:54 (MMP)
No lanzamento de xavelina 700 gr Yago Boleas sería segundo cun mellor lanzamento de 33.08 metros.
O atleta sub 18 Pablo Boleas sería terceiro nos 110 metros valados xuvenil no seu debut nesta proba cun tempo de 17.23.
Tamén sería terceira Marta Fernández no salto con pértega cun mellor salto de 2.70 metros.
Resultados
Trackbacks/Pingbacks