Este domingo tivo lugar na vella pista cuberta de Riazor a celebración do Campionato Galego Sub-23 así como a dos Sub-18 e Sub-20 nas probas dos 1.500 m. e 3.000 m con presencia de atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra . Sete medallas : dous ouros, duas pratas e tres bronces; unha mínima para o Campeonato de España sub 18 en 1500 metros e varias marcas persoais foron a bagaxe dos noso atletas no día de hoxe.
No Campionato Galego Sub-23 EVA SALVADO conseguiu duas medallas, o ouro no triple salto con MMP e un salto de 10.45 metros, e o bronce nos 400 metros(1:02:38) . MARINA PORTEIRO Ouro nos 800 (2.43.47) e bronce no salto de altura (1.36m ). XIANA GONZALEZ acadaría a medalla de prata nos 200 metros con 26.81 e finalizaría cuarta nos 400 metros.
No Campionato Galego Sub-18 dos 1.500 m. PAULA DE LA TORRE acadou a medalla de prata cun tempo de 4.59.26 o que é mínima para o Campeonato de España de Pista Cuberta e Aire Libre. BLANCA ARMENTEROS conseguiu a medalla de bronce cun tempo de 5.07.21 mellorando a sua marca persoal en dous segundos.
No Campionato Galego Sub-18 dos 3000 m. NICOLAS FUENTES con 9:35:62 millorou de longo a sua mellor marca persoal finalizando cuarto da categoría xuvenil. PAOLA DE MONTIS seria sexta na categoria sub 18 mulleres con 12.19.91
No control de marcas en lanzamento de peso VICTOR GALLEGO alzouse coa victoria cun lanzamento de 16.33 metros , mentras que PABLO TOJAL no salto con pértiga finalizaría na segunda posición cun salto de 3.93 metros.
Os resultados foron os seguintes:
CAMPIONATO GALEGO SUB18 DE 1500 METROS MULLERES
Paula de laTorre Carabelos | 4:59.26 | Medalla de prata . Minima Campeonato de España PC e AL |
Blanca Armenteros Rey | 5:07:21 | Medalla de bronce. MMP |
CAMPIONATO GALEGO SUB18 DE 3000 METROS HOMES
Nicolás Fuentes Padín | 9:35:62 | Cuarto. MMP |
CAMPIONATO GALEGO SUB18 DE 3000 METROS MULLERES
Paola De Montis Clemente | 12:19:91 | Sexta |
CAMPIONATO GALEGO SUB23 EN PISTA CUBERTA
ATLETA | PRUEBA | |
Eva Salvado Prieto | 50 metros lisos | 7.25 sg. Séptima |
Xiana González Estévez | 200 metros lisos | 26.81. Medalla de Prata |
Eva salvado Prieto | 400 metros lisos | 1:02:38 Medalla de Bronce |
Xiana González rstévez | 400 metros lisos | 1:02:90. Cuarta |
Marina Porteiro de Loño | 800 metros lisos | 2:43:47. Medalla de Ouro |
Marina Porteiro de Loño | Salto de altura | 1.36 m. Medalla de Bronce |
Eva Salvado Prieto | Triple salto | 10. 45m . Medalla de Ouro. MMP |
CONTROL DE MARCAS
Victor Gallego | Lanzamento de peso | 16.33 m. Primeiro |
Pablo Tojal | Salto con pértiga | 3.93 m. Segundo |

Eva Salvado ouro no triple salto
http://ranking.atletismo.gal/online/2017-2018/coru%C3%B1a/promesa/