Queda pouco máis dun mes para a San Silvestre de Pontevedra 2022 e xa se pode apuntar no calendario cando comezan as inscricións.
Cambio de ubicación
As inscricións realizaranse na planta de arriba do Mercado de Abastos co seguinte horario e datas:
Do martes 20 ao 23 de decembro: de 17:30h a 20:30h.
Do luns 26 ao venres 30 de decembro: de 10:30h a 13:30h e de 17:30h a 20:30h.
O sábado 31 de decembro de 10:30h a 13:30h.
Polo tanto, tras varios anos onde a xente se apuntaba na Casa da Luz ou en Miler Vintage Running Club, este ano cambiamos e estaremos no Mercado de Abastos. É un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, ás beiras do Lérez.
As inscricións serán gratuítas. Cada participante terá que levar un dorsal visible no peito. Estas identificacións serán obrigatorias para optar aos diferentes premios e agasallos que se entregarán. Aínda que anotarse sexa de balde, dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora, agradecerse a aportación voluntaria de 1€ por cada dorsal para apoiar a labor do noso club na promoción do atletismo na nosa comarca.
No momento de recoller o dorsal, haberá que entregar produtos de alimentación imperecedoiros, polo menos un quilogramo, para doar ao Banco de Alimentos de Pontevedra.
Obxectivo: superar os 7000
Animamos a todos os pontevedreses/as e veciños/as dos concellos limítrofes a participar na San Silvestre de Pontevedra 2022. Este ano buscamos superar o noso récord do 2019, cando fomos 7.000 inscritos.
Este ano a San Silvestre volve ás rúas da Cidade de Pontevedra, e con ela volverán as cores, a ilusión, os disfraces e a festa que tanto definen este evento. Proximamente publicaranse máis información, como a recollida de dorsais, os premios ou o recorrido.
Pouco a pouco seguiremos informando das novidades.
En Pontevedra o evento que marca o Nadal é a San Silvestre e este ano volve xa a clásica e tradicional San Silvestre 2022, sen restricións, pero cun novo obxectivo: conseguir que os pontevedreses e pontevedresas volvan a encher as rúas da cidade do Lérez, tal e como pasou en 2019 con 7.000 inscritos. Ese foi fito máximo de inscricións e conseguiu colocarnos no mapa nacional como unha das san silvestres máis multitudinarias se o comparamos coa poboación total da cidade organizadora.
Dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora queremos que entre todos nos superemos e volvamos a colocarnos no epicentro do deporte español. A Boa Vila é unha cidade moi ligada ao deporte. Aquí organízanse ao longo do ano unha gran cantidade de eventos deportivos profesionais que atraen a unha inxente cantidade de deportistas, afeccionados e público que ven de Pontevedra unha cidade idílica e sa. Este Nadal imos demostrar que non so hai que traer eventos de nivel para darnos conta de que estamos a altura, os pontevedreses tamén sabemos valorar a cidade e conseguir reflexar que a mellor San Silvestre de España é a Pontevedresa.
Atrás quedaron os anos da pandemia onde tivemos que reiventarnos para poder manter este evento, que é unha data marcada no almanaque do nadal pontevedrés.
Dous anos con “san silvestres” reinventadas
En 2020 inventouse unha #RaraPeroSanSilvestre. Intentouse que os que se inscribiran no evento puideran recorrer as rúas e parques do Concello de Pontevedra individualmente ou en grupos reducidos para evitar os contaxios. Un total de 10 percorridos distintos nos que se intentou que non se perdese a base do maior evento pontevedrés do nadal.
En 2021 buscamos achegarnos un pouco máis ao evento tradicional. Dende as Marismas de Alba e con saídas a diferentes horas xa se fixeron grupos para que os corredores competisen en grupos máis multitudinarios.
Este ano a San Silvestre volve ás rúas da Cidade de Pontevedra, e con ela volverán as cores, a ilusión, os disfraces e a festa que tanto definen este evento. Proximamente publicaranse máis información, como a recollida de dorsais, os premios ou o recorrido.
O Gran Fondo Caixabank pecha as inscricións con máis de 1000 inscritos. De eses, 572 participantes son do medio maratón e 334 dos 10km. Hai que engadir que hai un total de 165 participantes que so se inscribiron no Campionato Galego de Medio Maratón e non na proba popular. En total, o número de participantes sería de 1.071. A carreira de cativos aínda ten o prazo de inscrición aberto, pero por agora hai máis de 140 nenos e nenas apuntados.
Atletas destacados
Entre os atletas máis destacados na longa distancia están:
Reyes Estévez:finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas internacionais e nacionais. Foi terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel continental é campión europeo en Budapest 1998 e subcampión en dúas ocasións. En aire libre en Munich 2002 e baixo teito en Lisboa 2001. En pista cuberta, tamén quedou terceiro no Europeo de Madrid en 2005 por partida dobre, nos 1500ml e nos 3000ml.
Manuel Hurtado: gañou o ano pasado e é o atleta con máis vitorias no medio maratón de Pontevedra. Conta con catro en total. Tamén foi dúas veces campión galego na distancia e quere ir en busca da terceira.
Carlos Porto: gañador nos 10km do ano pasado. Vixente campión galego de 800ml ao aire libre. Titular no equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra nas ligas de atletismo tanto nas probas de mediofondo como de fondo. Debuta na distancia do medio maratón.
Manuel Lorenzo: cuarto o ano pasado e titular coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra en probas de fondo.
Anxo Castro: gañador na edición de 2019.
Soledad Castro Soliño: categoría máster. Atleta internacional. Foi 10 veces campioa galega de medio maratón. Récord galego na distancia en categorías máster M40, M45, M50
Andrea Iglesias: terceira o ano pasado nos 10km. É triatleta internacional.
Ángela Rodríguez: subcampioa o ano pasado no medio maratón.
Nos 10km sobresae, sobre todo, Cora Saburido, que quedou segunda o ano pasado nesta distancia.
No Campionato Galego de Medio Maratón por equipos, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora, opta ao primeiro posto na categoría masculina coas participacións de Manuel Hurtado, Carlos Porto e Manu Lorenzo.
Dorsais:
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.
O Gran Fondo Caixabank entra na súa recta final. A pouco máis de 24 horas para que chegue o fin das inscricións, esta proba deportiva da cidade de Pontevedra xa ultima todos os detalles.
Polo de agora, róldase a cifra dos 500 inscritos no medio maratón e rózase os 300 anotados nos 10km. A carreira dos máis cativos está preto dos 100 participantes. Lembramos que o prazo para apuntarse neste evento remata o 9 de outubro ás 23:59h. Como xa estamos no segundo prazo das inscricións o prezo por anotarse é de 25€ para a proba de máis distancia e de 15€ para a curta. No caso dos nenos e nenas tan so custará 1€ inscribirse e, co recadado, sortearanse vales en material deportivo entre todos os participantes.
Neste tempo estivéronse presentando diversos servizos que se recuperaron despois da pandemia, como os vestiarios ou os gardarroupas; e tamén este ano incorpóranse outros novos como a gardería. Son prestacións que, pouco a pouco, van facendo crecer este evento que se tivo que reinventar durante os anos de restricións da pandemia para que se puidera seguir celebrando.
De feito, séguense ultimando os detalles e o último anuncio foi a camiseta desta edición. Entregarase no momento no que se recollan os dorsais. Previamente os atletas na inscrición tiveron que escoller a súa talla. É unha prenda técnica e transpirable, apta para realizar deporte.
? CAMISETA do Gran Fondo #CaixaBank ✨ Técnica y transpirable
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son de fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.
O Gran Fondo Caixabank pecha o primeiro prazo de inscricións con 691 inscritos entre as dúas probas. No medio maratón hai 460 anotados e nos 10km o número é de 231. Tamén hai que engadir que na proba dos máis pequenos hai un total de 44 participantes.
Ata ás 23:59h do 9 de outubro, os que queiran participar poden seguir inscribíndose. Ata esa data estará aberto o segundo prazo. Nel o custo de inscrición é de 25€ para a longa distancia e de 15€ para a curta. Na proba dos máis cativos mantense 1€ por inscrición. Ese prezo é carácter participativo e coa suma total de todas as participacións sortearanse vales en material deportivo.
Este ano aproveitarase o Gran Fondo Caixabank para realizar tamén o Campionato Galego de Medio Maratón. Lembramos que se so se inscriben na proba autonómica non poderán optar aos premios da proba popular nin a bolsa do corredor. Iso si, inscribirse no campionato galego non significa non poder apuntarse na proba popular; a inscrición é simultánea nas dúas carreiras.
Entre os atletas destacados que xa confirmaron a súa participación está Reyes Estévez, atleta que conta no seu palmarés con varias medallas internacionais.
Polo tanto, os que aínda teñen dúbidas por participar neste evento teñen tempo para poder inscribirse e estar na liña de saída o próximo 16 de outubro. Unha saída que será ás 10:40h para os 10km e ás 11:00h para o medio maratón. A proba dos máis cativos realizarase antes. Ás 10:20 sairán os “Cativos” e ás 10:45h o “Mini Gran Fondo”.
O Saltar na Rúa volve á Praza da Ferraría, onde comezou fai seis anos; despois de dous anos saltando sobre o Río Lérez na Ponte das Correntes. Sobre as 19:30h comezará este evento que encherá unha das prazas máis emblemáticas de Pontevedra con algúns dos mellores saltadores autonómicos. Son expertos nas disciplinas de salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega.
Estarán as tres campioas galegas absolutas en aire libre das tres disciplinas desta tempada e os tres plusmarquistas autonómicos das tres probas.
Lonxitude
Atleta
Marca
Categoría
Club
Resultado
Noa Currás
4.52
Sub14
S. G. Pontevedra
3ª Campionato Galego en lonxitude en pista cuberta e campioa galega de altura ao aire libre na súa categoría.
Matías Moldes
6.27
Sub18
S.G. Pontevedra
Récord galego de combinadas sub16 en octathlón con 4401 puntos. Campión galego de combinadas en pista cuberta, subcampión ao aire libre e campión de lonxitude do Eixo Atlántico.
Valeria González
5.41
Sub16
Vila de Cangas
Primeira no ranking galego sub16 en lonxitude. Campioa galega sub16 en lonxitude en aire libre e en pista cuberta.
David Ferrer
7.29
Absoluta
S.G. Pontevedra
Dúas veces campión galego en lonxitude ao aire libre e unha pista cuberta. Terceiro este ano no galego en pista cuberta. Titular co equipo absoluto da Gimnástica
Eva Queimaño
5.63
Sub23
Super Amara BAT
Vixente campioa de España sub23 e plusmarquista autonómica en combinadas en pista cuberta. Bronce en sub23 en aire libre en combinadas. Tres veces consecutivas sendo campioa galega en combinadas en pista cuberta e unha en aire libre. Terceira en el ranking en lonxitude. Segunda no ranking en combis.
Juan Piñeiro
7.18
Sub23
Vila de Cangas
Bronce absoluto e sub23 en aire libre e cuarto absoluto en pista cuberta e terceiro sub23 nos campionatos galegos.
Andrea Villaverde
5.86
Sub23
S.G. Pontevedra
Vixente campioa galega absoluta en pista cuberta e en aire libre. Cuarta de España en sub23 en salto de lonxitude.
Jean Marie Okutu
8.17
Absoluto
FC Barcelona
Oito veces campión galego ao aire libre e once en pista cuberta. Dez veces campión de España absoluto en lonxitude. Plusmarquista autonómico en la disciplina. Olímpico en Río 2016.
Triplo
Atleta
Marca
Categoría
Club
Resultado
Tania Valverde
11.41
Absoluta
ADAS
Clásico do atletismo galego. Tres veces campioa galega de lonxitude e unha en triplo ao aire libre. Cinco veces campioa galega en lonxitude e dúas en triplo en pista cuberta.
Xoel Otero
14.37
Sub18
AA Mazi
Campión galego sub18 de triplo en aire libre e en pista cuberta
Marina A. Pérez
11.56
Sub16
S.G. Pontevedra
Terceira no Campionato de España de pista cuberta en triplo na súa categoría. Promesa das escolas do club.
Raúl Cortizo
14.21
Sub23
Celta Atletismo
Subcampión galego absoluto. Campión galego absoluto e en sub23 en lonxitude ao aire libre
Ariadna Gil
11.90
Sub23
Vila de Cangas
Campioa galega absoluta de triplo
Alfonso Palomanes
16.21
Absoluto
S.G. Pontevedra
Campión de España absoluto en 2016. Campión de España en todas as categorías desde cadete ata absoluto. Plusmarquista autonómico. Dez veces campión galego ao aire libre e outras tantas en pista cuberta en triplo.
Uxía Paz
12.55
Sub23
Femenino Celta
Cuarta de España sub23 e terceira no ranking autonómico absoluta ao aire libre
Anxo Blanco
15.68
Absoluto
S.G. Pontevedra
Campión de España sub23 en 2018 en pista cuberta. Segundo no ranking galego absoluto e competiu coa Federación Galega no Campionato de España por Federacións. Titular coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Pértega
Atleta
Marca
Categoría
Club
Resultado
Marina A. Pérez
3,10m
Sub16
S.G. Pontevedra
Campioa galega sub16 en pista cuberta e subcampioa en aire libre
Manuela Blanco
3.30
Sub18
Ourense Atletismo
Cuarta absoluta en pista cuberta no campionato galego e subcampioa galega sub18 en aire libre
Nerea Fernández
3.30
Sub20
ADAS
Vixente campioa galega absoluta ao aire libre e campioa galega sub20
Lola Bouza
3.60
Absoluta
Dúas veces campioa galega absoluta e unha en pista cuberta
Alejandro Villaverde
4.10
Sub18
S.G. Pontevedra
Primeiro no ranking de pértega na súa categoría. Subcampión galego absoluto en aire libre
Santi Ferrer
4.40
Absoluto
S.G. Pontevedra
Bronce no campionato galego de pista cuberta. Cinco veces campión galego en pértega ao aire libre e seis en pista cuberta. Campión de España sub16. Plusmarquista autonómico sub16 e sub18.
Aitor Fernández
4.55
Sub20
Club Atletismo Narón
Bronce de España sub20 en decathlón. Foi coa selección galega absoluta en pértega
Tomás López
4.60
CA Sada
Campión galego absoluto en pista cuberta e aire libre
Luis Moro
5.60
Absoluto
Alcampo Scorpio 71
Campión de España Absoluto en 2006. Plusmarquista autonómico con 5,60m. Primeiro atleta galego en saltar 5m.
Horario aproximado
O evento comezará ás 19:30h da tarde na Praza da Ferrería co salto de lonxitude. Cada atleta realizará catro intentos. Sobre ás 20:00h espérase que empece o triplo salto, tamén con catro ocasións para cada deportista. Media hora máis tarde comezaría o salto con pértega, onde veremos como os atletas sobrevoan o ceo de Pontevedra e alcanzarán alturas de ata cinco metros. Prevese que as 21:00h termine o evento.
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.