Levades tempo pedindo unha mascota para que veña con nós ás competicións… Pois chegou o momento de poñerse mans á obra!

Dende a Gimnástica convocamos un concurso para que todos vós teñades a oportunidade de facer as vosas propostas de deseño e de nome.

Para iso, tes ata o 30 de novembro para enviar o teu debuxo a info@sgpontevedra.com.

Unha vez recibidas todas as propostas, serán os monitores do club e das escolas municipais quen seleccionarán un máximo de 4 finalistas.

Escollidos os finalistas, estade atentos ás redes sociais. Aí abriremos unha votación para escoller entre todos a mascota ganadora, que se fará realidade e nos acompañará en todas as competicións.

Agardamos todas as vosas propostas!! CREA A TÚA MASCOTA!!