Este pasado xoves foi día de festa e despedidas dos atletas que estiveron connosco este curso das Escolas Deportivas Municipais 24/25.
Tiveron un día inmellorable para celebrar no CGTD a chegada do verán e, con ela, o remate da Escola Deportiva Municipal deste ano, promovida polo Concello de Pontevedra.
Desfrutaron dunha tarde de xogos cos seus compañeiros e entrenadores e moitos deles xa con vistas a continuar coa súa aprendizaxe nas escolas o vindeiro curso. Moitos deles coincidán cos seus compañeiros, farán novos amigos e continuarán a aprender e desfrutar do atletismo nas Escolas de Verán que promove o noso club, que comezarán o 30 de xuño e con prazo de matrícula a partir do día 1 do mesmo mes.
Dende o club agradecemos de novo a iniciativa do Concello de Pontevedra para promover un deporte como atletismo e, por, suposto, todos os nenos e nenas que desfrutan do deporte connosco cada ano. Agardemos vervos o próximo curso e nas Escolas de Verán!