O próximo día 12 de Xaneiro vaise celebrar no Barco de Valdeorras a Gala Anual do Atletismo Galego con presenza de varios membros da Sociedad  Gimnástica de Pontevedra.

 No apartado de Premiación de Atletas Absolutos (medallistas nacionais) polas suas medallas nos Camponatos de España Universitarios  atopamos a Santiago Ferrer Alonso  bronce en pértiga e Víctor Gallego  Bernárdez  prata en peso e bronce en disco

No apartado de premiación de atletas  sub 20 (junior) Andrea González García que acadou medalla  de bronce no lanzamento de xabalina no Campeonato de España Junior.

 No apartado de premiación de atletas sub 16 (cadete) atopamos a Paula de la Torre Carabelos coa sua medalla de bronce nos Campionatos de España  en 1000 metros. Paula ademáis está premiada  no apartado de Seleción Galega Cadete mulleres Consejo Superior de Deportes xuntamente con Elsa Pena , Noelia Sánchez, Sara Lima, Antía Castro y Lucía Varela  pola sua medalla no Campeonato de España de Cross por autonomías  categoria cadete.

 No apartado de premiación atletas veteráns medallistas nacionais para Francisco Javier Guzmán   pola sua medalla de prata no lanzamento de  peso  nos Campionatos de  España de Veterans .

No apartado premiación mellor marcas absolutas gallegas Darío Costas dentro da seleción galega absoluta formando parte do relevo 4×100 cuento a Mauro Triana, Sergio Rodríguez e Javier García cuenta marca de 40.94

Non nos esqueceremos de Rubén Diz  Díaz,  actualmente no Ourense Atletismo , pero moitas tempadas na Sociedade Gimnástica  e coa sua camisola acadou a medalla de prata en medio maratón e bronce nos 5000 metros M35, premiado  no apartado  especial medallistas internacionais .

 Daniel Chamosa Dacasa actual atleta da Sociedad Gimnástica que o pasado ano foi atleta do Fent Camí  Mislata tamén se atopa  entre os premiados  no apartado de atletas sub 23 prata no Campionato de España Promesa nos 10 km Marcha e bronce no Campionato de España  20 km marcha en ruta

 Ademáis de estes premios quedan por darse a coñecer outros que se revelarán o mesmo día da gala , e ainda se pode participar votando no enlace abaixo reseñado  nas distintas categorías pendentes de otorgar entre os que se atopan  no apartado de mellor atleta masculino  Darío Costas  formando parte da Seleccion Galega absoluta de 4×100 e os anteriormente citados Santiago Ferrer e Victor Gallego

Votación Mellor Atleta 2017