O domingo celebrouse na Coruña a XI Carreira Popular Coruña10 , proba incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA.
Na carreira dos 10 Km ,con máis de 3000 corredores que atravesaron a liña de meta , tanto o triunfo masculino como feminino decidiuse ao sprint.
No apartado feminino a triatleta Joselyn Brea pertencente a Sociedad Gimnástica de Pontevedra finalizou en segunda posición (33.56) por detrás da súa irmá Edymar Brea (33.55) que sería a vencedora no sprint , sendo terceira Paula Mayobre (34.00).
No apartado masculino os atletas da Sociedad Gimnástica Manuel “Huracán ” Hurtado e Carlos Porto acadarían unha gran actuación nunha carreira moi rápida onde o vencedor Alejandro Fernández baixaría dos 30 minutos ( 29.57), entrando Manuel Hurtado na quinta posición na clasificación xeral cun tempo de 30.22 , namentras que Carlos Porto finlizaría décimo na clasificación xeral cun tempo de 31.10 qu é a súa MMP nos 10 Km en ruta.
Nas carreiras de menores con mais de 1000 inscritos en total, na categoría sub 18 Blanca Armenteros (SGP) acadaría a segunda posición, tamén ao sprint por detrás de María Carballido (Friol) que sería a gañadora sendo terceira a atleta do Marineda Sara Prieto.
O sábado asimismo celebrouse a tradicional IX PINGA-PINGA no concello de Marín carreira dentro do calendario da federación galega de atletismo onde nun recorrido de aproximadamente 7.2 km a atleta sub 18 da Sociedad Gimnástica Paula de la Torre sería a primeira atleta sub23 en entrar na meta sendo quinta absoluta cun tempo de 32.01.
Parabéns a todos
Resultados 10 km Coruña 10 Resultados Coruña 10 sub 18 Pinga pinga
Trackbacks/Pingbacks