Onte, mércores 07 de maio celebrouse no CGTD a LI edición do Trofeo Boa Vila 2025, segunda proba do Circuito de Atletismo en Pista que deu comezo o pasado mes de abril.

Foi unha xornada de deporte con numerosísimos atletas de todas as idades e categorías, e moitos deles con obxectivos ambiciosos, como o de conseguir marcas mínimas para acceder a competicións nacionais.

Os atletas da Gimnástica demostraron estar nunha forma inmellorable, posto que moitos deles aproveitaron a xornada para mellorar as súas marcas persoais. Entre os que batiron os seus mellores rexistros estiveron os xavelinistas Diego Virel, Leo Cernadas, Gerardo Garrido, Teo Barros e Hugo Cordal e tamén as súas compañeiras Leire Flor e Carla Torres. Iago Gómez, que foi segundo na pértega, superou tamén o seu rexistro anterior nunha proba onde o mellor foi o seu compañeiro, Sergio Lamas. Luis Durán foi o mellor da súa serie do 80 metros lisos e tamén rexistra unha nova mellor marca, como tamén fixeron Lía Vázquez e Karol Rivera. O mellor gimnástico no 110 metros valos foi Guille Piñeiro, que continúa en progresión establecendo tamén una nova marca persoal na disciplina.

Na xornada quedou claro que a Gimnástica ten cantera, pero tamén que os máster están máis en forma que nunca. O relevo 4×100 de máster 35 feminino foi sexto na xornada, batindo o récord galego da categoría e deixándoo agora en 58.97 segundos.

Sen dúbida, unha xornada na que todas as categorías desfrutaron do atletismo e conseguiron mellorar rexistros e perfeccionar técnica e estratexia de cara a vindeiras competicións.

Aproveitamos, ademais de para felicitar a todos os participantes na xornada de onte, para agradecer a Froiz a súa colaboración cada ano para levar a cabo este circuito.

Seguinte parada: XLIX Trofeo Cidade de Pontevedra, o 28 de maio. Vémonos no CGTD!