Na segunda xornada da Liga a Iberdrola de Primeira División , o noso equipo feminino tivo que desprazarse ata Torrent ( Valencia ) onde se disputou o encontro entre os equipos ISS L Hospitalet , Bahía Algeciras, Torrent e Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
A clasificación final do encontro foi a seguinte:
Pto. Club Puntos Totales 1 HOSB – ISS – L’Hospitalet 221.5 2 BAHCA – Bahia Algeciras 181.5 3 TORV – C.A. Torrent 153 4 SGPPO – S.G. Pontevedra 131
Este punto sumado ós dous puntos conseguidos na primeira xornada otórganlle ao equipo da SGP o posto duodécimo na clasificación xeral provisional, o igual que o equipo masculino pero cun punto menos, xogando os postos pola permanencia o fin de semana do 16-17 de Xuño en data e lugar a determinar.
Nun equipo moi novo con nada menos que catro atletas sub16 e oito atletas sub 18 , destacar as victorias de Eva Cid nos 1500 con 4:45.03 e de Andrea González no lanzamento de xavelina con 45.39, os segundos postos de Xiana González no 200 con 26.27 sg e Iria Filgueira no lanzamento de martelo 4 kg con MMP de 44.18 metros , e as terceiras posicións de Lucía Ferrer nos 100 valos, Marta Fernández nos 400 valos e MMP con 1:03.89 , Claudia Puig no lanzamento de disco con 34.27 e Loreto Brea no lanzamento de martelo con 40.05.
Tamén fixeron a sua MMP Marta Barrgáns cuarta en salto de lonxitude con 5.14 e Marina Porteiro quinta en 3000 obstáculos con 13:26.92.
Resultados clasificación
Trackbacks/Pingbacks