Queda xornada e media de entrega de dorsais para a San Silvestre 2024 e xa se entregaron case 4000!! Cunha previsión climatolóxica máis que favorable para o día da carreira, parece que hai ganas de deporte e festa para despedir o ano antes de tomar as uvas.

Os rezagados teñen pouco tempo xa para inscribirse, así que lembramos que poderán facelo na Rúa Castelao 3, baixo, de Pontevedra, o día 30 de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30 e o mesmo día 31, só en horario de mañá.

Lembramos tamén que para recoller o dorsal é obrigatoria a entrega dun kilo de alimento non perecedeiro por cada dorsal para colaborar co carácter solidario da proba, que será recollido polo Banco de Alimentos que, ademais, terá unha furgoneta tamén o día da proba no lugar para quen queira realizar algunha aportación a maiores.

Na mesma entrega de dorsais, quen o desexe, poderá realizar un donativo para colaborar coa organización e tamén adquirir a camiseta oficial desta edición.

Na carreira, de preto de 4 kilómetros haberá premios para os tres primeiros clasificados de categoría feminina e masculina e premios para o mellor disfraz individual e colectivo (este a repartir entre todos eles). Non haberá clasificación máis alá deses primeiros postos que levan premio.

Ó final da carreira haberá un detalle para os participantes proporcionado polos nosos colaboradores (ata esgotar existencias).

Queremos que non se esqueza que ESTÁ PROHIBIDO CORRER SEN DORSAL, polo que animamos a todos os que teñan intención de participar que acodan a inscribirse e recollelo ou ben, que proporcionen os seus datos a alguén que poda realizarlles a inscrición.

Tamén lembramos que toda a información está a disposición de todos os participantes premendo aquí.

Xa queda menos e a festa comeza a quecer motores! Vémonos o 31 para despedir o ano do mellor xeito: facendo deporte!