O domingo día 21 de Outubro tivo lugar o XXIII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018 que contou coa organización do Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra . Esta proba deportiva forma parte calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Nunha mañá cunha temperatura ideal os máis de 1300 inscritos tiñan ás 11:00 horas a saída dende a Ponte dos Tirantes, nun percorrido de 21.097 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
O vencedor da carreira masculina sería Alejandro Fernández (Atletismo Ourense) cun tempo de 1:07:00 seguido do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Manuel “Huracán” Hurtado con 1:08:44, sendo terceiro Manuel Penedo do 3&RUN PEDRO NIMO con 1:11:01 .
Manuel que fora campión no 2012, no 2013, segundo en 2014 e outra vez primeiro en 2015 , liderou gran parte da carreira acadando ao final o segundo posto no podio.
O podio da carreira feminina foi o seguinte: 1ª Paula Mayobre (Seoane Pampín); 2ª Maria Jesus Gestido ( FISIOTERAPIA SAN LAZARO ) 3ª Beatriz Fernández (C. A. CORREDOIRAS BUEU).
Parabéns ao noso subcampión, a todos os atletas , e como non a todos os voluntarios sen os que esta carreira non seria posible.
¡Vemonos o ano que ven!
Resultados
Trackbacks/Pingbacks