O sábado dia 21 de Abril tivo lugar nas pistas de Balaidos  organizado pola delegación da FGA en Vigo  o XX Campionato de Galicia de clubes de atletismo  ao aire libre , onde o noso equipo femenino  sería bronce.

Un primeiro posto, seis segundas posicións, cinco terceiros, cinco cuartos, e tres sextos postos nos levarian aos 114.5 puntos que significarian o terceiro posto no  podium, no  que as vencedoras serian  o Atletismo Celta con 152 puntos e  a segunda posición para o  Ria Ferrol con 141.5 puntos.

Unha única victoria correspondeu a Andrea Gonzalez no lanzamento de Xavelina  cun mellor lanzamento  de 44.33 (MMP) no seu primer intento.

Os segundos postos foron para Paula de la Torre nos 800 con 2.24.01, Eva Cid nos 1500 con 4.49.69, Iria Rodriguez nos 3000 con 10.36.68 , Lucia Ferrer nos 100 valos con 15.43, Marta Gonzalez  no salto con pertega con 2.90 metros , Maria Jimenez con lanzamento de disco con 35.33 m,

As terceiras posición viñeron de parte de Cristina Garrido nos 100 m lisos con 12.78 sg que es mínima para el campeonato de españa sub18 AL , Ines Martinez no salto de altura con 1.57, Sandra Carballo no lanzamento de peso con 10.40, Iria Filgueira no lanzamento de martelo con 39.91 m, e o relevo 4×400 con Marta Gonzalez, Eva Cid, Clara Rivas e Iria Rodriguez con 4.21.13

Os cuartos postos foron para Blanca Armenteros nos 400 m 1.03.30 no seu debut nesta distancia , Lucia Seijas no salto de lonxitude con 5.01, Marisol Diz nos 5 km marcha cun tempo de 30.07.97, Mercedes Baltar nos 3000 obstaculos cun tempo de 13.17.13 MMP  e o relevo 4×100 formado por Cristina Garrido, Lucia Ferrer, Andrea Gonzalez e Lucia Seijas con 52.86 sg.

A sexta posicion a lograrian Natalia Meaños en triplo salto cun mellor salto de 9.89 m, Marina Porteiro nos 400 valos con 1.15.68  MMP e Paula Martin nos 200 lisos con 29.71.

O próximo domingo celebraráse no CGTD a primeira xornada da Liga de Clubes de Primeira División, esperamos o voso alento para animar ao noso equipo feminino. Sorte o domingo.

Resultados