O sábado dia 21 de Abril disputouse nas pistas de Balaidos en Vigo organizado pola delegación da FGA en Vigo  o XX Campionato de Galicia de clubes de atletismo  ao aire libre , onde o noso equipo masculino acadaría a segunda posición detrás do Celta e por diante do atletismo Santiago .

O equipo masculino rematou a xornada con 131 puntos por 137.5 do Real Club Celta e 115 puntos do Club Atletismo Santiago. Por parte dos nosos  sete victorias, catro segundas posicións, un terceiro posto , tres cuartas posicións, catro quintos postos e un sexto posto  foron os resultados que nos levaría ao segundo posto no caixón.

As victorias  foron  acadadas por  Carlos Porto nos 1500 metros con 4.03.61, David Ferrer  en salto de lonxitude  con 6.95m, Santiago Ferrer en salto con pértega con 4.20 m, Victor Gallego  en lanzamento de peso con  15.44 metros, Francisco Javier Guzmán en lanzamento de disco con 46.55 metros, José Manuel Vila  en xavelina con 56.40 m e o relevo 4×100 formado por Marco Martinez, Adrián Salgado, David Ferrer e Darío  Costas cun tempo de 43.58.

Os segndos postos acadados polos atletas da SGP viñeron por parte de Manuel Hurtado nos 3000 cun tempo de 8.42.20, Denis Galán nos 110 m valos con 16.29 sg, Marco Martinez no triplo salto 13.93 metros MMP a tan só dous cm da victoria e Raul Cortizo en salto de altura  con 1.81 metros  a 3 cm da primeira posicion  .

Un terceiro posto para David Rocha no lanzamento de martelo con 48.18 m.

As cuartas posición foron para Darío Costas nos 100 m con 11.60 sg, Iván Manso-Pedrosa atleta pertencente ao noso filial Lugo Running nos 3000 obstáculos cun tempo de 10.09.74, e o relevo 4×400 formado por  Angel Vargas, Yago Boleas, Raul Cortizo e Carlos Porto cun tempo de 3.38.67.

As quintas plazas corresponderían a  Angel Vargas nos 400 lisos con 52.36 sg, Alberto Pérez nos 800 lisos cun tempo de 2.01.60 MMP, Carlos Morales nos 5 km marcha con 26.24.14  e Pablo Boleas nos 400 valos cun tempo de 1.01.29 no seu debut nesta distancia.

Adrián Salgado obtivo a sexta posición ns 200 m con 23.91 sg.

Parabéns a todos e o próximo sábado o equipo masculino desprazarase a Madrid co comenzo da Liga de division de Honra. Moita  sorte a todos

Resultados