Menudo comezo de tempada para os canteiráns do club… Esta pasada fin de semana os equipos sub16 masculino e feminino chegaron á Malata coa intención de seguir a estela dos equipos absolutos e deixaron claro que nada lles teñen que envexar.

O equipo masculino impúxose, pelexando a o último momento, levando o título de Campións galegos por clubs, grazas a actuacións como as de Martín otero, primeiro no 600 metros lisos, igual que Martín Saavedra, que repetiu posto no 300 lisos ou Luis Durán, que tamén foi o máis rápido nos 100. Mateo Miñán no 3000 metros marcha ou Mario Tegegn Míguez no 300 metros valos, foron segundos, igual que Diego Acuña, que asinou o mesmo posto no salto de lonxitude. Como xa é costume, a remuda 4×100 foi a máis rápida, con moitísima autoridade, cun equipo formado por Nico Piñeiro, Diego Acuña, Luis Durán e Michel Manuel Justo.

O equipo sumou un total de 72 puntos que lles fixeron festexar o título autonómico ó final da xornada.

Pola súa parte, o equipo feminino proclamouse Subcampión galego por clubs grazas ós 129 puntos conseguidos grazas á aportación de atletas como Matilda Veiga, primeira no 300 metros valos, Isa Caeiro que foi segunda no 3000 marcha, posto que tamén conseguiu Lena Currás no salto de lonxitude ou Ángela Moldes ou Lía Vázquez, terceiras en triplo salto e salto con pértega, respectivamente.

Parabéns a todos eles. Un ano máis no máis alto dos podios autonómicos! Seguimos traballando!