A San Silvestre máis Silvestre pecha as inscricións en web cun bo rexistro. Máis de 2000 persoas van a participar o 31 de decembro, en total 2092 inscritos.
As inscricións realizábanse por quendas horarias. En total son 17 saídas cada 20 minutos de 150 persoas por saída; polo que os que participan teñen que escoller o horario que lles viñese mellor. Os horarios da tarde tiveron enseguida éxito e foron os primeiro que se encheron, destacando o horario orixinal da carreira, ás 17:00h, que foi o que máis rápido chegou aos 150 participantes.
Pola mañá, tardaron máis en encherse pero tamén algunhas quendas conseguiron cubrir o cupo.
Horario | Inscritos |
10:30 | 150 |
10:50 | 64 |
11:10 | 112 |
11:30 | 150 |
11:50 | 123 |
12:10 | 142 |
12:30 | 149 |
12:50 | 102 |
13:10 | 100 |
13:30 | 52 |
13:50 | 48 |
16:00 | 150 |
16:20 | 150 |
16:40 | 150 |
17:00 | 150 |
17:20 | 150 |
17:40 | 150 |
As quendas que aínda teñan ocos, seguen abertas pero as inscricións faranse de xeito presencial a partir do luns, 27 de decembro. A xente só se poderá inscribir nos horarios que non están cheos.
Poden facelo co mesmo horario que a recollida de dorsais. Dende o luns, 27 ata o xoves 30 de decembro na Casa da Luz, en Pontevedra. O horario será de 10:30h ata ás 13:30h pola mañá e de 16:30h ata ás 19:30h pola tarde.
No momento de recoller o dorsal, os inscritos poden aportar voluntariamente 1€ como xeito de agradecemento á organización. Ademais, os encargados de dar os dorsais entregarán a camiseta da San Silvestre máis Silvestre a cambio dun quilogramo de produtos alimenticios non perecedoiros, que se doarán ao Banco de Alimentos. Lembramos que só poderán participar no evento os que teñan dorsal visible.
Trackbacks/Pingbacks