O Circuito de Atletismo en Pista afronta á recta final. O XXIV Memorial Celso Mariño, a penúltima xornada, celebrouse o 21 de xuño. O conxunto de eventos están organizados pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ.
Os irmáns Daniel Chamosa e Antía Chamosa bateron un novo récord galego absoluto en 3000m marcha. O primoxénito fixo unha marca de 11:31.82; mentres que a máis nova parou o cronómetro en 12:27.95. Daniel Chamosa, ademais, vén de facer outra plusmarca autonómica en 5000ml. Obtívoo o pasado sábado no Campionato Galego Absoluto.
Tamén fixo unha nova mellor marca galega en categoría sub16 Hugo Casañas. O atleta do Clube Rías Baixas fixo en lanzamento de peso 17,22m.
Ademais, Pontevedra tamén foi testemuña dun triplo de marcas persoais por parte de atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, clube organizador. Son os rexistros que obtiveron Cristina Garrido en 100ml (12.07), que ademais tamén supón un novo récord do club; a catrocentista Eugenia Gil nos 800ml (2:12.09); e Marina Artemia Pérez en triplo salto (11,59m).
Outra marca salientable foi a que realizou Fernando Fariña, atleta das escolas do club de categoría sub14, ao superar o listón en salto de altura en 1,60m. Por último, Jacobo Soler (Grupoempleo Pamplona Atlético) e Sergio Rodríguez (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) protagonizaron un dos momentos máis emocionantes co man a man que tiveron en 100ml e 200ml.
Na proba reina da velocidade, Jacobo baixou da barreira dos 11 segundos con 10.94; mentres que Sergio se quedou ás portas de conseguir ese obxectivo con 11.00. Nos 200ml, os dous estiveron por debaixo dos 22 segundos.
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a cuarta xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a 24ª edición do Memorial Celso Mariño. A competición celebrarase o 21 de xuño no CGTD de Pontevedra.
A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre as 21:15 h.
Nos ligazóns de abaixo podes encontrar o regulamento do evento e os atletas admitidos.
A terceira xornada do Circuíto de Atletismo en Pista segue o mesmo sentido que as anteriores. Éxito na participación e nos rexistros. Superado xa o ecuador do evento, organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e de Supermercados FROIZ, nótase o bo estado de forma no que se atopan os atletas.
Un dos momentos máis emocionantes vivímolos nos 110m valos cunha chegada apertada de David Vicente (14.42)e Gerson Vidal (14.43). Un man a man que se decidiu sobre a liña de meta. Tamén se realizaron bos rexistros nos 400ml tanto masculinos como femininos. Por un lado, Jacobo Soler (47.25) e o gimnástico David Abalde (48.43), primero e segundo, bateron a súas marcas persoais da tempada. En féminas tamén bo rexistro da atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Lia Caride con 58.39.
Na velocidade feminina tamén hai que salientar os 12.41 de Cristina Garrido nos 100ml. No resto das carreiras, sobresae o dobrete das atletas da entidade organizadora nos 600ml. Impúxose Sabela Martínez con 1:37.36 e foi segunda Paula Torres con 1:39.11.
Nos concursos, Juan Piñeiro voou ata os 7,13m en salto de lonxitude; e en lanzamento de martelo, Anxo Filgueira achegouse ata a súas mellores marcas persoais cun mellor intento de 49,67m e, polo tanto, quedou moi preto dos 50 metros.
A seguinte xornada do Circuíto será o mércores, 21 de xuño. Trátase do XXIV Memorial Celso Mariño.
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a terceira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a edición XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra. A competición celebrarase o 31 de maio no CGTD de Pontevedra.
A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre ás 21:15 h.
O XLVII Trofeo SGP, segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista, celebrouse o 18 de maio no CGTD de Pontevedra. O conxunto de eventos están organizados pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ.
As condicións meteorolóxicas, especialmente o vento, provocaron a invalidación de moitas marcas das probas de velocidade, dos 100ml e dos 200ml. Nesta última proba houbo dous rexistros por debaixo de 22 segundos na proba masculina, pero cun tempo de +3.9. Esa situación climática tamén dificultou nos concursos de salto de altura e triplo salto.
Destacaron os rexistros de Sabela Martínez nos 1000ml sub14 e sub16, que baixou a barreira psicolóxica dos tres minutos ao parar o cronómetro en 2:54.64. Nesa mesma disciplina, boas marcas tamén para outras atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra como Paula Torres e Noelia Quiñones.
A nivel absoluto sobresaíu como atleta do club Pablo Otero nos 800ml. A pesar de ser unha proba na que non está acostumado a competir, o atleta afincado en Cantabria, impúxose con 1:55.31.
A seguinte xornada do Circuíto de Atletismo en Pista será o mércores, 31 de maio. Trátase do XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra.
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.