Na mañá do domingo 13 de maio tivo lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Alevín Xogade e o Campionato Provincial Infantil de probas combinadas. O mal tempo, e que o día anterior se disputase en Lugo o Campionato Galego por equipos benxamin, alevín e infantil, non arredou nin aos atletas, monitores e familias que por riba dos resultados, compartiron unha nova xornada de atletismo.
Neste campionato alevín clasificabanse as 16 millores marcas das xornadas previas. Destacaremos os tres ouros e dúas pratas conseguidos polos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
No salto de altura Eloy Acuña ouro cun salto de 1.16 m. Eloy tamén acadaria a medalla de prata no lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 8.06m.
No 4×60 masculino ouro para Óscar Otero, Nicolás Quiñones, Lucas Tristán e Gabriel Gores cunha marca de 37.16 sg
No 4×60 mulleres ouro para Marina Pérez, Medhanith Pereira, Carmen Saavedra e Paula Porto con 35.69 sg.
Nos 60 lisos mulleres Paula Porto acadaria a medalla de prata cun tempo de 9.07.
Por outra banda no tetratlon infantil os millores resultados foron dous cuartos postos a cargo de Xainza Calvo en mulleres con 1377 puntos a tan so 21 puntos da terceira praza, e Matías Moldes en homes con 880 puntos.
Resultados
Trackbacks/Pingbacks