A sétima edición do Saltar na Rúa foi todo un éxito no deportivo, no organizativo e na resposta do público.
Unha Praza da Ferraría ateigada de xente estivo presente ante a exhibición de saltos. O público vibrou coas tres disciplinas atléticas (salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega). Especialmente con esta última que foi a que pechou o evento e a máis sorprendente pola altura que alcanzaron os atletas.
O evento contou cos tres mellores atletas galegos de sempre (Jean Marie Okutu, Alfonso Palomanes e Luis Moro); pero tamén contaban cos Campións Galegos desta tempada, con atletas medallistas a nivel nacional e tamén internacional; como Ana Rita Silva (campioa portuguesa en lonxitude) e Marcos Caldeira (campión luso en triplo).
Os atletas estiveron á altura das circunstancias. A pesar de que quedaron lonxe das súas marcas persoais, debido a curta carreira que realizan para saltar e que estamos en pretemporada, todos realizaron unha gran actuación.
Resultados
Atleta | Mellor intento |
Marina Artemia Pérez | 4,90m |
Juan Piñeiro | 6,40m |
Celia Fernández | 4,90m |
Sergio Coello | 6,65m |
Andrea Villaverde | 5,35m |
Jean Marie Okutu | 6,70m |
Ana Rita Silva | 5,25m |
Raúl Cortizo | 6,60m |
Atleta | Mellor intento |
Irati Legazpi | 10,00m |
Matías Moldes | 12,10m |
Uxía Paz | 11,00m |
Xoel Otero | 14,00m |
Ariadna Gil | 10,90m |
Marcos Caldeira | 14,10m |
Alba Martínez | 10,45m |
Alfonso Palomanes | 13,90m |
Atleta | Mellor intento |
Marina Artemia Pérez | 3,30m |
Nerea Fernández | 3,10m |
Manuela Blanco | – |
Lola Bouza | 3,60m |
Tomás López | 4,75m |
Pablo Fernández | 4,50m |
Luis F. Moro | – |
Miguel Cajaraville | – |
A proba comezou ás 19:30h e rematou sobre as 21:00h. Cada disciplina durou media hora. Nese tempo, os oito atletas que participaban en cada proba realizaron tres intentos; a excepción do salto con pértega, que se realizaron catro por deportista.
Durante o evento lembrouse que están abertas as inscricións da escola do club. Moitos dos participantes, son atletas que creceron dende a base da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e que xa teñen oco no equipo absoluto, tanto feminino como masculino. Así que recordouse a todo o público presente que ata o 11 de setembro, todos interesados poden apuntarse para empezar con nós a facer atletismo.
O Saltar na Rúa organízao a Sociedad Gimnástica de Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Trackbacks/Pingbacks