A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2025 para o xoves, 13 de febreiro de 2025, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda. Terá lugar na aula número 1 do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), sito na rúa Padre Fernando Olmedo s/n.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Informe e memoria deportiva da tempada 2024. Este ano destaca o gran desempeño da canteira, conseguindo títulos como o Trofeo Abanca en Pista Curta dos equipos femininos sub10 e sub14, a convocatoria de atletas como Guille Piñeiro, Jovi Artime, Marina Artemia ou Matías Moldes coa Selección Galega, o título de Sabela Martínez como Campiona de España no 3000m en Sabadell xusto despois de conseguir o ouro no 1000m no Campionato de España por Federaciones sub16 ou o terceiro posto no Cros de Itálica e o 12 acadado no Campionato de Europa, o título de Sabela Castelo no nacional sub16 de pista cuberta na disciplina do 3000m, a preselección de Antía Chamosa para os Xogos Olímpicos de París 2024, o título de Campións Galegos de relevos mixtos en campo a través do equipo absoluto, a permanencia do equipo masculino na División de Honor da Liga Joma e o case ascenso do equipo feminino que finalmente conseguiu a permanencia na 1ª División da Liga Iberdrola).
- VI Control Pista Cuberta SGP-CA Sada (04/01/2024)
- Campeonato de España de clubes 2024 (Copa Iberdrola y Copa Joma)
- Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra:
- VIII Saltar na Rúa
- XLII Gran Fondo Caixabank – XXIX Medio Maratón Pontevedra – IV 10k 2024
- I Cros Cidade de Pontevedra 2024
- San Silvestre 2024
- Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2025.
- Orzamento para o exercicio 2025.
- Aprobación “protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte”.
- Nomeamento club filial.
- Rogos e preguntas.