Este mércores 26 de xuño celebrouse o adiado L Trofeo Boa Vila 2024. Unha xornada ventosa, de tormenta e chuvia a ratos que non desluciron para nada a competición e o traballo dos máis de 250 atletas que se citaron no CGTD.

A competición arrincou coa celebración do 500 masculino sub10, coa participación 100% gimnástica. En categoría feminina, competieron atletas da Gimnástica, CA Illa de Tambo e Rías Baixas, sendo os primeiros postos para as gimnásticas Gara Fernández e Sara Mourente, seguidas de Zeltia Iglesias, do CA Illa de Tambo.

Na categoría sub12, o primeiro posto da final feminina foi para Fernanda Phoebe Mateo do CSCR Beade, seguida de preto por Lía Geralavicius, da Gimnástica. Na final masculina o noso clube tivo peor sorte, sendo o primeiro en cruzar a meta Teo Barros, en quinta posición, seguido de Hugo Suárez, oitavo. O primeiro posto foi esta vez para Ángel Rodríguez, do CSCR Beade.

Lonxitude masculina sub14, onde destacou o atleta do club, Iago Gómez, cun salto de 4.93 metros con vento cero, só superado por Rubén Vázquez, do CSCR Beade, quen alcanzou a mesma distancia cun vento positivo de 0.6. Mario Tegegn, tamén da Gimnástica, foi cuarto esta vez, sendo os postos sexto, sétimo, oitavo e noveno para os atletas Paio Estévez, Leo Pichel, Nicolás Agustín Huerta e Mateo Miñán.

En categoría feminina, o primeiro posto foi para Celia Couto, do Atletismo Rías Baixas, seguida de Nerea Núñez e Ángela Moldes, atletas da Gimnástica.

A categoría absoluta masculina da lonxitude quedou en casa, sendo todos os participantes atletas do club. O mellor foi Alejandro Villaverde, seguido de Matías Moldes e de Fernando Fariña. No caso das rapazas, os primeiros postos foron para Marina Artemia Pérez, Noa Currás e Ánxela Mayo.

También houbo competición en 1000 metros lisos (sub14 e sub16), onde foi a mellor da súa serie Carmen Paz, del Atletismo Noia, quen se impuxo á gimnástica Noelia Quiñones, que foi seguida de preto por Antía López, del Riazor Coruña. Na serie B, o mellor tempo marcouno Nerea Lareo, tamén do Atletismo Noia, entrando en segunda posición Carla Santoro, atleta do club.

En categoría masculina, os primeiros postos de ambas series foron para o CSCR Beade, con Xoel Franco e Daniel Currás. O primiero gimnástico en cruzar a meta na serie A foi Diego José Huerta, en cuarta posición e Mario Tegegn, na serie B onde foi terceiro.

No salto de altura masculino os primeiros postos foron para o atleta de Asociación Deportiva CAR , Gael Couñago, e los atletas da Gimnástica, Matías Moldes e Alejandro Villaverde, segundo e terceiro, respetivamente. En categoría feminina, os primeiros postos foron para a Gimnástica, sendo a mellor Andrea Villaverde, superando o listón colocado en 1.59 metros, seguida da súa compañeira, Noa Currás e de Carmen Saavedra, saltando por riba dos 1.41 metros.

A competición de vallas abrírona as rapazas sub16 e sub18 coa distancia de 100 metros, onde Marina Artemia e Carlota Vázquez foron as mellores da sá serie, acompañadas da atleta do Rías Baixas, Alicia Gabián, e a primeira gimnástica en chegar a meta na serie 1 foi Eraida Ojea, en terceiro lugar, seguida de Jimena González, cuarta. En dita serie as máis rápidas foron Alba Amigo, do Club Atletismo Sada (filial da Gimnástica) e Irene Alende, do CA Millaraio.

Seguíronlles as competidoras do 100 metros vallas absoluto, onde a mellor foi Nerea Amigo, do Club Atletismo Sada, quen parou o crono en 15.67 segundos. En categoría masculina, o máis rápido foi Manuel Ejovi, da Gimnástica, cun tiempo de 15.20 segundos, seguido do seu compañeiro, Sergio Lamas.

Posteriormente disputáronse as semifinais do 100 metros lisos, disputándose ó final da xornada as finais. A máis rápida, en categoría feminina da final A foi Ainhoa Reparaz, independente, seguida de Antía Alcalde, do Atlética Barbanza e de Alma Bello, do Atlética A Silva. Na final B a primeira en cruzar a meta foi Carmen Saavedra, da Gimnástica, sendo segunda Lucía Calviño, d Atlética A Silva e terceira, Violeta Crespo, do Atletismo Porriño.

Tamén houbo espazo para a distancia larga, disputándose 1500 onde en categoría feminina Sabela Martínez, atleta do club, demostrou seguir intratable atravesando en primeira posición a liña de meta, por diante de Debris Paniagua, do CA Pino e de María Estévez, do Ames Atletismo Savante. A súa compañeira, Isa Caeiro foi quinta nesta prueba na que tamén participaron Aroa Barbeito e Noa Pereira.

En categoría masculina o máis rápido foi Pablo Ulla, nun boísimo estado de forma, entrando en meta en segundo lugar Alejandro Gerardo Cadaya, do Ourense Atletismo e de Pepe Sánchez del Valle, do Atlética Lucense.

Sabela Martínez non só foi a máis rápida nesta proba, se non que tamén se fixo voa vitoria no 800, impoñendose con autoridade a Eva Castro, do Ourense Atletismo e seguida das súas compañeras Isa Caeiro e Paula Torres, tercera e cuarta, respetivamente.

Lucía Sánchez del Valle, atleta gimnástica foi segunda da súa no 400 metros lisos, só superada por Paula López, do Ourense Atletismo, e seguida de Daniela Castro, do Atletismo Femenino Celta. Na serie 2 a máis rápida foi Alba González, independente, sendo segunda Pilar Corredoira, do Club Atletismo Estrada e de María Ulla, da Asociación Deportiva CAR.

En categoría masculina o máis rápido da serie A foi Fabio Justo, del Atlético Arroyomolinos, facendo o propio na Serie 2 Marcos Tella, do Universidad Santiago e Guillermo Feijóo, na la serie 3, do CA Santiago, onde foi segundo Hugo García, do Atletismo Portugalete e tercero, o atleta do club, Gael Veiga.

Os lanzadores tamén foron protagonistas nesta xornada, disputándose as disciplinas de peso, disco e martelo.

No peso masculino de 4 kg os primeiros posstos foron para os atletas da Gimnástica Miguel Ángel López, David Vázquez e Adrián Cabaleiro. Na categoría de 5 kg, con presenza total do club foi primeiro Eloy Acuña e segundo, o seu compañeiro, Nico Quiñones.

As rapazas competinron en 3 kg, sendo a mellor Sara Caamaño do Atlética Barbanza, seguida de Mencía Rey, da Gimnástica. En categoría de 4 kg a mellor esta vez foi Xiana Lago, sendo segunda María Teresa Janeiro, do filial Atletismo Sada.

A segunda competición de lanzamentos foi o disco de 1 kg, onde se impuxo Hugo Casañas, do Atletismo Rías Baixas, enviando o artefato ata os 69.46 metros, o que supuxo un novo récord de España para o atleta, seguido de Miguel Ángel López, David Vázquez e Adrián Cabaleiro, da Gimnástica. O seguinte en competir foi Eloy Acuña, actual campeón galego, en categoría de 1.5 kg, onde conseguiu o primeiro posto.

No caso das rapazas, a mellor en peso de 800g foi Aitana Capeáns, do Atletismo Rías Baixas, sendo segunda Cristina Martínez, da Gimnástica. No lanzamento do artefacto de 1kg, a mellor foi María Teresa Janeiro, do Club Atletismo Sada, seguida das gimnásticas María Ángeles Filgueira, Medhanit Pereira e Mencía Rey.

O Ourense Atletismo fíxose cos primeiros postos do lanzamento de martillo de 6kg, co lanzamento ata os 50.32 metros de Hugo Fernández e os 44.64 de Daniel Villanueva. En categoría de 4kg, seu compañeiro Manuel Eirín foi o mellor, seguido de Yago Bouzas, do CA Millaraio e nos 5kg o mellor foi Anxo Filgueira, do Atletismo Rías Baixas, seguido de Xulio Ventín, do filial Atletismo Sada.

En categoría feminina de 4kg a mejor foi a gimnástica Victoria Eiriz, quen se impuxo a Saray García, do Atletismo Rías Baixas e co martelo de 3kg foi primeira Aixa Corbacho, do Atletismo Rías Baixas.

Uhna nova xornada de atletismo para seguir probándose e aprendiendo. A seguinte parada será o próximo mércores 03 de xullo, para celebrar o XLVIII Trofeo Sociedad Gimnástica Pontevedra.