Nunha mañá coas temperaturas moi baixas , tivo lugar en Santiago de Compostela a  prestixiosa 41 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO. Nada menos que 3060 inscritos na carreira absoluta nun  percorrido de 12 km  polas rúas compostelanas e as temidas costas de Vite que depararía a vitoria masculina para Alejandro Fernández do Club Atletismo Ourense cun tempo de 37:29 , seguido por Manuel “Huracán” Hurtado  da Sociedad Gimnástica de Pontevedra que entraría na meta en segunda posición cun tempo de 37:36. o terceiro seria Ivan Roade do Bikila cun tempo de 37.42.

O triunfo na categoria feminina  absoluta seria para Joselyn Brea da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun tempo de 42:34 seguida da atleta do FCBarcelona Esther Navarrete con 42:37 e terceira Alice Finot do Atletismo Femenino  Celta con 43:05.  Sharay Astáriz da Sociedad Gimnástica de Pontevedra seria sexta na categoria Senior A  cun tempo de 50:59.

Na categoría escolar con 1329 inscritos nas categorías  dende alevin a xuvenil  e  cun percorrido de 7 km Hugo García Souto proclamaríase campión na categoría cadete masculina cun tempo de 24:47, namentras que Blanca Armenteros acadaría o segundo posto na categoría xuvenil feminina cun tempo de 31:22,  sendo a vencedora nesta categoría Sara López da Atletica Lucense.

 

Parabéns a todos e todas.

Resultados