A Federación Galega de Atletismo ven de publicar o listado dos atletas convocados para representar a Galicia no CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR
AUTONOMÍAS EN EDAD ESCOLAR (CADETE E XUVENIL) que se vai celebrar en San Pedro del Pinatar (Murcia) o vindeiro 4 de marzo de 2018, no que atopamos tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Neste listado aparece Hugo García Souto atleta sub 16 (cadete) campión galego de cross cadete xogade e campión galego de cross cadete federado que xa formou parte da selección galega cadete de cross o pasado ano. No listado da selección galega xuvenil (sub18) mulleres están Paula de la Torre como subcampiona do campeonato galego de cross xuvenil , que o pasado ano xa formara parte da selección galega cadete que acadaría o bronce , e Blanca Armenteros como terceira clasificada no campeonato galego xuvenil de cross e que este ano é a súa primerira convocatoria.
Parabéns ós tres e ós seus adestradores Víctor Riobó ( Paula de la Torre) e Pablo Díaz ( Hugo García e Blanca Armenteros)
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/02/Circular-20-2018.pdf