Volve o espectáculo do atletismo. Volve Saltar na Rúa!

Volve o espectáculo do atletismo. Volve Saltar na Rúa!

Non podía ser doutro xeito. Este ano, por noveno consecutivo (nin a pandemia o parou), a Gimnástica celebra unha nova edición da exhibición de atletismo co Saltar na Rúa 2025.

De novo a Praza da Ferrería será testemuña do espectáculo do salto de lonxitude, do triplo salto e do salto con pértega e os espectadores poderán comprobar moi de preto a dificultade destas disciplinas neste lugar emblemático da cidade de Pontevedra.

Atención ás redes sociais nos próximos días, porque iremos desvelando ós poucos os atletas que vos farán desfrutar das distintas modalidades de saltos a partir das 19:30 horas. Agardamos vervos a todos alí un ano máis!

Saltar na Rúa 2024

Saltar na Rúa 2024

Este sábado 24 de agosto tivo lugar a VIII edición do Saltar na Rúa. Un ano máis a Ferrería foi punto de parada para moitos cidadáns e visitantes que, curiosos, agardaban ver unha exhibición das tres modalidades de saltos do atletismo: lonxitude, triplo salto e salto con pértega.

A tarde resultou ser un auténtico espectáculo onde os atletas, aínda de vacacións, sen adestrar regularmente e cun pasillo de carreira máis corto do que adoita empregarse para as competicións, sacaron o mellor para levantar as ovacións dos presentes.

Romperon o xeo os atletas de salto de lonxitude. Levantaron os aplausos do público presente (e a area do caixón de salto), Pablo Modia e Antía Pernas, do Lucus Caixa Rural Augusta, Laila Lacuey e Asier San Sebastián, do Atletismo Pamplona e Raúl Cortizo, Andrea Villaverde e Sergio Coello, atletas da Gimnástica. Foi Sergio esta vez quen conseguiu a mellor marca masculina cun salto de 6.65 metros. Da representación feminina foi Laila Lacuey que realizou o salto máis longo, chegando ó 5.55 metros.

Seguíronlles os compañeiros que ían realizar unha tremenda exhibición de triplo salto. Acompañáronnos esta vez Uxía Paz, do Atletismo Alcorcón, que realizou o mellor salto da tarde acadando os 11.15 metros. Xunto a ela saltaron Irati Legazpi e Marina Artemia Pérez, da Gimnástica, e Ana Rita Silva, atleta portuguesa que se estreou neste evento o ano pasado, cando se proclamou campioa de Portugal de salto de lonxitude, e que repetiu este ano para realizar, nesta ocasión, o triplo salto. Ana Rita realizou o segundo mellor salto da tarde chegando ós 10.97 metros de distancia. 

Xunto a elas saltaron Diego Míguez, atleta do Club Atletismo Sada (filial da Gimnástica), xunto con Sergio Coello e Isaac Casal, atletas da Gimnástica. Tamén estivo con eles Tomás Dinis, do Atletismo Porto. Tomás foi segundo esta vez, acadando os 13.95 metros, só por detrás de Sergio Coello quen, xogando en casa, realizou un salto que chegou ós 14 metros, prácticamente saíndo fóra do foso de area preparado para a ocasión. 

 O broche final púxoo o salto con pértega, onde, co récord recentemente acadado polo atleta Armand Duplantis, foi a proba con máis expectación da tarde.

Os alí presentes tiveron a ocasión de ver a grandes especialistas na modalidade, como a gimnástica Marina Artemia Pérez, Nerea Fernández, Lola Bouza ou Manuela Blanco, sobrevoando todas elas o listón colocado entre os 3.20 e 3.80 metros. No caso dos rapaces, o espectáculo estivo a cargo de Matías Moldes e Tomás López, da Gimnástica, e de Pablo Fernández. A sensación da proba foi, sen dúbida, o gimnástico Oriol Almirall, poseedor do récord do club, quen conseguiu enmudecer a toda unha praza da Ferrería cando clavou a pértega para saltar os 5.20 e levantar os aplausos e a ovación de todos.

Durante o evento estiveron presentes moitos pequenos acompañados de pais, nais, avós, que desfrutaron por igual da emocionante exhibición realizada polos atletas convidados. Moitos deses pequenos seguramente soñaron por un momento con ser atletas e por iso o club informou a todos os interesados de que o 19 deste mes se abriron as inscricións da Escola de Atletismo do Club, onde todos eles aprenderán da man dos adestradores dun dos mellores clubs do país. 

 Foi unha xornada inesquecible pola que querermos agradecer ós asistentes, ós atletas que aceptaron o convite do club, ós que se interesaron para participar e ó Concello de Pontevedra, que colabora ano tras ano na organización dunha tarde diferente de atletismo na rúa.

Vémonos o ano que vén!

 

 

 

 

 

 

Saltar na Rúa 2024

Saltar na Rúa 2024

O verán de 2024 é un verán de deporte e en Pontevedra, cidade de grandes deportistas ó longo da historia, non podíamos ser menos. O 24 de agosto, rematados os Xogos Olímpicos, volve o Saltar na Rúa, xa na súa oitava edición, para achegar a todo o que se queira pasar pola Ferrería tres das disciplinas máis espectaculares do atletismo: triplo salto, salto de lonxitude e salto con pértega.

Poderán ver a magnitude da altura e as distancias percorridas polos atletas a escaso medio metro do colchón de pértega ou do caixón de area dos saltos.

Lembrade, vémonos na Ferrería, o sábado 24 de agosto, a partir das 19:30 horas.

Volve o atletismo ás rúas de Pontevedra por sétima ocasión

Volve o atletismo ás rúas de Pontevedra por sétima ocasión

O mellor atletismo volve encher as rúas de Pontevedra. A sétima edición do Saltar na Rúa, achegará á Praza da Peregrina tres disciplinas atléticas de saltos. Trátase da lonxitude, o triplo e o salto con pértega.

A partir das 19:30h comezará o espectáculo nunha das prazas máis emblemáticas da cidade do Lérez. O obxectivo é que os veciños e visitantes coñezan un pouco máis este deporte e que queden abraiados cos saltos, especialmente co salto de pértega; que sempre chama a atención aos máis curiosos polas alturas que alcanzan os atletas.

Este ano contará con tres dos mellores saltadores do atletismo galego. Son Jean Marie Okutu en salto de lonxitude; Luis Fernando Moro en salto con pértega; e José Alfonso Palomanes no triplo salto. Tamén participarán dous dos mellores atletas portugueses de saltos do momento. Polo tanto, trátase dun evento de índole internacional.

Atletas participantes:

  • Salto de lonxitude:
    • Marina Artemia Pérez. Defendeu as cores da selección galega sub18. Ten unha mellor marca persoal de 5.35m. Bronce absoluto en triplo salto en AL. Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
    • Juan Piñeiro: Subcampión galego absoluto PC. Titular coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Mellor marca persoal de 7,24m. Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
    • Celia Fernández: Atleta de 2008. Cuarta absoluta no Campionato Galego de AL. Ten unha mellor marca persoal de 5,41m.Riazor Coruña.
    • Sergio Coello: Vixente campión galego absoluto AL. Ten unha mellor marca persoal de 7,42m. RC Celta
    • Andrea Villaverde: Vixente campioa galega absoluta en PC e subcampioa en AL. Mellor marca persoal de 5,86m. Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
    • Jean Marie Okutu: Olímpico en Río 2016.Doce veces campión de España absoluto (sete en aire libre e cinco en pista cuberta). Campión galego en lonxitude en dezanove ocasións. Plusmarquista autonómico nesta disciplina con 8,17m. Noveno en el ránking nacional de todos os tempos. Mellor marca persoal: 8,17m. FC Barcelona.
    • Ana Rita Silva: Vixente campioa de Portugal e segunda en triplo salto. Ten unha mellor marca persoal na lonxitude de 6.07 metros e de 12.98m en triplo.
    • Raúl Cortizo: Vixente campión galego absoluto PC. Mellor marca persoal de 7,50m. RC Celta.
  • Triplo salto:
    • Irati Legazpi: 10.89m. Atleta das escolas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
    • Matías Moldes: Vixente subcampión galego en pértega. Defendeu as cores da selección galega en altura. Ten unha mellor marca persoal de 12.57m. Sociedad Gimnástica de Pontevedra
    • Uxía Paz: Vixente subcampioa galega absoluta PC. Mellor marca persoal de 12.55m. Femenino Celta
    • Xoel Otero: Terceiro no Campionato de España sub20 en probas combinadas. Mellor marca persoal en triplo de 14.37m. AA Mazi.
    • Ariadna Gil: Bronce absoluto en PC. Mellor marca persoal de 11.90m. Vila de Cangas.
    • Marcos Caldeira: Sucampión portugués de triplo salto. 7 veces campión luso absoluto. Medallista internacional en categorías menores. Mellor marca persoal de 16.44m.
    • Alba Martínez: Vixente subcampioa galega en triplo salto. Mellor marca persoal de 12,11m. Volve a facer atletismo despois de ser unha das mellores saltadoras de triplo en Galicia en categorías menores. Ourense Atletismo.
    • Alfonso Palomanes: Campión de España Absoluto en 2016. 20 veces campión galego absoluto: 10 en pista cuberta e 10 ao aire libre. Plusmarquista autonómico con 16.21 metros. Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
  • Salto con pértega:
    • Marina Artemia Pérez: cuarta absoluta en AL. Sociedad Gimnástica de Pontevedra
    • Nerea Fernández: Vixente subcampioa galega absoluta PC
    • Manuela Blanco: Vixente campioa galega absoluta PC
    • Lola Bouza: tres veces campioa galega absoluta. Volve a competir tras estar retirada do tartán por unha lesión. RC Celta. Novena no Campionato de España sub23.
    • Tomás López: Vixente campión galego absoluto PC e AL. 5 veces campión galego absoluto. Filial da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. CA Sada
    • Pablo Fernández: atleta destacado a nivel nacional en categorías inferiores. Ten licencia pola Comunidade de Madrid. RC Celta.
    • Luis Fernando Moro: plusmarquista autonómico en salto con pértega con 5,43m. Medallista nacional en varias ocasiones e internacional con la selección española.
    • Miguel Cajaraville: 7 veces campión galego absoluto. Volve a competir despois dunha tempada de parón. RC Celta.

A proba está organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Resume da edición do 2022.
Éxito no VI Saltar na Rúa

Éxito no VI Saltar na Rúa

O tempo acompañou a que a Praza da Ferrería se enchese de atletismo. A partir das 19:30h da tarde do 27 de agosto o público e os deportistas encheron unha das prazas máis míticas da cidade de Pontevedra.

O salto de lonxitude co olímpico en 2016, Jean Marie Okutu, á cabeza encabezaron a sexta edición deste evento que xa é un habitual no verán pontevedrés. Nesa proba vimos os saltos da vixente campioa galega absoluta, Andrea Villaverde; da vixente campioa de España sub23 en combinadas Eva Queimaño; e doutros atletas como Noa Currás, Matías Moldes, David Ferrer, Valeria González e Juan Piñeiro.

Posteriormente, seguindo cos saltos horizontais, foi a quenda do triplo salto. Aí destacaron Alfonso Palomanes, plusmarquista autonómico; Anxo Blanco, atleta titular co equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; de Ariadna Gil e Uxía Paz, campioa galega absoluta e cuarta de España sub23, respectivamente; así como doutros atletas como Tania Valverde, Xoel Otero, Raúl Cortizo ou Marina A. Pérez, gran promesa da entidade organizadora.

O evento terminou co salto con pértega que abraiou a todo o público cando atletas como Tomás López, Aitor Fernández, Santi Ferrer ou Alejandro Villaverde saltaron por encima dos 4m de altura e “voaron” coa igrexa da Peregrina de fondo. Tamén participaron Marina A. Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández e Lola Bouza.

Un ano máis, e xa van seis, o Saltar na Rúa volve a triunfar na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión xa de volta á Praza da Ferrería, lugar de onde fora desprazado cara a Ponte do Burgo durante os dous anos nos que o evento estivo marcado polas restricións da pandemia.