A Sociedad Gimnástica de Pontevedra viuse na obrigación de aprazar a súa Asamblea Xeral Ordinaria 2021 polas novas medidas impostas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ante o aumento do número de contaxios por COVID-19 na nosa comunidade autónoma. A nova data da reunión será o xoves 25 de marzo de 2021. Ás 20:30h comezará a primeira convocatoria e ás 21:00h a segunda.
En principio a reunión é presencial no auditorio do CIFP A Xunqueira (R/ Paseo Enxeneiro Rafael Areses s/n). En todo momento se gardarán as distancias de seguridade recomendadas e se portará a máscara de cara. Porén, estaremos pendentes da evolución da pandemia e das novas medidas que tome o Comité Clínico Autonómico por se hai que decretar que sexa vía online. Neste último caso, a entidade deportiva porase en contacto cos asistentes e facilitarase un ligazón para acceder á reunión.
A Asamblea Xeral Ordinaria terá o seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Informe e memoria deportiva da tempada 2020.
- Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2020.
- Orzamento para o exercicio 2021.
- Nomeamento dos clubs filiais.
- Distincións.
- Rogos e preguntas.
Trackbacks/Pingbacks