A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria do 2023 para o xoves, 16 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Será ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Informe e memoria deportiva da tempada 2022. Entre as que destacan os resultados obtidos a nivel colectivo nos diferentes Campionatos Galegos, así como as permanencias en División de Honra e en Primeira División nas categorías masculina e feminina. Tamén son salientables os resultados individuais, especialmente de Iñaki Cañal a nivel internacional; como el subcampionato del mundo en pista cubierta en 4×400 o la segunda praza en el Iberoamericano en la mesma proba. Tamén destaca o seu segundo posto no Campionato de España Absoluto. Ademais de Iñaki, Antía Chamosa tamén participou en probas internacionais, como o Campionato o Mundo de Marcha por Equipos. Ambos tamén competiron no Campionato de Europa de Munich. Ademais dos resultados dos atletas, tamén se fará balance das probas organizadas pola entidade pontevedresa:
- III Control SGP-CAS
- Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra
- VI Saltar na Rúa
- XL Gran Fondo Caixabank – XXVII Medio Maratón de Pontevedra – III 10km
- San Silvestre de Pontevedra 2022.
- Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2022.
- Orzamento para o exercicio 2023.
- Nomeamento club filial: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra é filial do Club Atletismo Sada en categoría máster, tanto masculinos como femininos. Da Sociedad Gimnástica de Pontevedra son filiais para esta tempada o Asociación Deportiva CAR, o Atletismo Ría de Arousa, o CD Pinarium, o Club Atletismo Sada e o San Miguel de Marín en categoría de menores, tanto masculinos como femininos. Ademais, tamén son filiais o Club Atletismo Negreira exclusivamente en categoría feminina de menores e o Atletismo Deza só en masculina, tamén en menores.
- Rogos e preguntas.