O sábado dia 28 de Abril no CGTD  en Pontevedra  disputouse unha nova xornada do programa Xogade nas categorías benxamín e alevín, mentras que o domingo tocoulle  ós nosos infantís desprazarse a Balaídos en Vigo a disfrutar da súa competición.

Na xornada do sábado no CGTD, BENXAMIN (sub10) – ALEVIN (sub12)  donde o tempo acompañou aos atletas os resultados máis  destacados fóron os seguintes:

Nos 60 metros lisos sub12 Paula Porto Dopazo foi terceira cun tempo de 9.15 sg

En salto de altura  sub 12 Eloy Acuña acadou a terceira posición cun salto de 1.17 m

No lanzamento de pelota sub 10 Hugo Casañas sería o vencedor cun lanzamento de 30.59 m , mentras que o seu compañeiro  Iago Abreu sería o segundo cun mellor lanzamento de 22.90 m.

Nos 1000 m marcha a atleta sub 10 Jimena Orellana finalizaría  en terceira posición cun tempo de 6.53.22

O relevo 4×50 sub 10 sería unha festa para os atletas da SGP. O equipo formado por Hugo Collazo, Iker Rial, Marcos Rial y Breo Fernandez serían os  segundos en chegar á meta por detrás dos vencedores o equipo de  At Vila de Cangas  con 37.50 , namentras que o equipo formado por Lucas Pereira , Alvaro Quintas, Erich Muñoz e Hugo Casañas tamen da SGP  serían os terceiros  con 37.53 , por tanto tan só 3 centésimas separaron aos dous equipos nun igualadísimo relevo.

No 4×60 sub 12 masculino Nicolás Quiñones, Isaac Casal,  Oscar Otero e Gabriel Gores serían os vencedores cun tempo de 38.60

No 4×60 sub 12 mulleres as atletas Nuria García , Niobe  Barreiro, Candela Filgueira  e Medhanit Pereira finalizarian no terceiro posto cun tempo de 39.45 sg

 

Por outra banda,  ao dia seguinte   celebrouse en Vigo a xornada correspondente aos atletas sub 14 , nunha xornada donde o tempo non acompañou pero sí as ganas de ir mellorando día a día e demostrar o que se vai aprendendo nos adestramentos.

Nos 80 m  mulleres Xainza Calvo fixo unha marca de 11.54 que lle valeu o terceiro posto na clasificación final. Tamén nos 150 metros Xainza finalizaría terceira cun tempo de 22.02

Nos 500 metros masculinos Oscar Monteagudo finalizaría terceiro con 1.37.67

Nos 220 valos Lucía Lois sería terceira con 41.32 sg

Nos 1000 obstáculos Carla Rivas sería terceira cun tempo de 4:23:27

No salto de lonxitude masculina o gañador sería Matías Moldes cun mellor salto de 4.20 m

No salto de altura Miguel  García acadaría o terceiro posto  cun salto de 1.22

 

Resultados Benxamín- Alevín Resultados Infantil