O pasado venres daba comezo a primeira edición de Saltar na Rúa na cidade de Pontevedra, un proxecto que foi posible grazas á colaboración entre o Concello de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo o Club Atletismo Sada e a propia XImnástica, ademáis da axuda desinteresada de centos de voluntarios de todo o panorámica atlético galego.
Este venres e sábado viviuse na Praza da Ferrería un espectáculo deportivo onde un centenar de rapaces, acompañados por adestradores da Ximnástica, recibiron sesións de iniciación ao Salto con Pértega, Salto de Lonxitude e Triplo Salto. Unhas sesións que deron moito de si e foron preparando o escenario idóneo para a exposición final.
A tarde do sábado estaba marcada no calendario por outros eventos como o Campionato Galego de Triathlon, pero que non impediu que se enchese a praza posto que cerca de medio millar de espectadores acudiron a presenciar e poder disfrutar do espectáculo que tiñan que dar algúns dos mellores atletas galegos e nacionáis.
O Triplo Salto foi a primeira proba da tarde e contaba ca presenza de Alfonso Palomanes, sen dúbida un dos mellores atletas co que contaba o evento e que deleitou ao público cos seus millores saltos. David Ferrer e Alex Solla foron os seguintes encargados de quentar o ambiente no pasillo da lonxitude, deixando imaxes que quedarán no recordo de todos os asistentes.
Pero o mellor aínda estaba por chegar, cun escenario e uns protagonistas “de película”, Xulio Ventín e Santiago Ferrer foron os principais protagonistas da tarde facendo da súa proba -o salto con pértega- a máis entretida e impactante da tarde.
Foi un reflexo da boa acollida que tivo o evento na cidade que sen dúbida, verase superado en próximas edicións.