A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2024 para o xoves, 29 de febreiro, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda. Terá lugar na aula número 1 do CGTD de Pontevedra.

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Informe e memoria deportiva da tempada 2023. Este ano destacou a consecución da permanencia en División de Honra e Primeira División dos equipos masculino e feminino, respectivamente, así como a consecución do ouro por parte de Víctor Gallego e María Ezquerro no Campeonago Galego de Lanzamentos Longos ou os éxitos obtidos polos atletas máis novos, como os de Isa Caeiro ou Sabela Martínez, campionas de España en 3000 obstáculos e 1000 lisos, respectivamente. Farase balance tamén das probas organizadas pola Gimnástica durante este ano.
  3. Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2023.
  4. Orzamento para o exercicio 2024.
  5. Nomeamento de club filial.
  6. Rogos e preguntas.